Myotis

Myotis é o boletín da nosa asociación. Nos seus contidos podedes atopar os resumos das nosas actividades e artigos, tanto científicos como divulgativos, sobre diferentes campos (herpetoloxía, botánica, aves, etc.). Dende os nosos comezos tentamos levar adiante un boletín de publicación períodica onde poder plasmar pequenos e non tan pequenos artigos sobre distintos aspectos que resultan de interese para os nosos socios. Nos seus contidos podedes atopar os resumos das nosas actividades e artigos, tanto científicos como divulgativos, sobre diferentes campos (herpetoloxía, botánica, aves, etc.). Costounos sacar o primeiro número e algo menos o segundo pero sempre resulta difícil obter artigos polo que finalmente decidimos facer algo máis dinámico e abrir unha revista electrónica baseada en blogger para ir pouco a pouco subindo novos artigos. Non abandonaremos a publicación do boletín como unha entidade e cando o número de artigos sexa suficiente os maquetaremos nun novo boletín. Se queres participar na publicación soamente tes que seguir as normas de publicación. Tamén podes descargar os números publicados nas sección de descargas.

Normas de publicación

A sección de artigos da revista Myotis acepta para a súa publicación artigos orixinais e en lingua galega ou castelán, que versen sobre calquera tema relacionado coa fauna, flora e medioambiente de Galicia. Os manuscritos deberán ser enviados aos Editores de Myotis, que se encargarán de avalialos. No caso de ser necesaria algún tipo de corrección nas publicacións, estas seranlle remitidas de novo aos autores para a realización das enmendas precisas.
Rógaselle ao sautores teñan en conta a seguinte normativa, co obxecto de axilizar os trámites de publicación. Os manuscritos que non a cumpran serán devoltos aos autores
A lonxitude do manuscrito non deberá exceder as 25 páxinas DIN-A4 (incluíndo táboas e figuras). O texto deberá de ir en Times New Roman 12, a espazo 1,25 e sen sangrías. A separación entre párrafos será de 0 ptos e non estarán separados por ningún "enter". No caso de presentarse viñetas, estas manterán a estrutura xeral do texto (sen sangrías, espazamento entre liñas de 1,25, etc.).
Os artigos deberán ser enviados por correo electrónico como documento anexo en forma de arquivo doc de MicrosoftWord á dirección: boletinmyotis@yahoo.es
Todas as páxinas do manuscrito han de ir numeradas correlativamente e se comezará unha nova páxina para cada un dos apartados que se indican a continuación, ordenados do seguinte modo:
  1. Páxina inicial: deberá incluír o Título do artigo (en maiúsculas), os autores (nome e apelidos) e dirección electrónica do responsable do artigo.
  2. Resumo: de entre 200 e 250 palabras.
  3. Texto do artigo:
Artigo científico: deberá presentar o seus diferentes apartados opcionais (introdución, material e métodos, resultados, discusión, agradecementos, etc.) ven individualizados. Nel débense ter en conta os seguintes comentarios xenéricos:
  • O título de cada apartado deberá ir en minúscula e "negrita", cunha separación antes e despois de párrafo de 12 ptos.
  • Cando se cite, por primeira vez, unha especie no texto, deberase de indicar o seu nome común e o científico (en cursiva), así como o autor que a describiu. No sucesivo, bastará con empregar un dos dous, preferiblemente o común.
  • A puntuación decimal expresarase mediante comas.
  • Cando se citen referencias, farase, segundo o caso, da seguinte forma: Cabrera (1928); Gosálbez e Sans-Coma (1982); Delibes et al. (1990); (López-Fuster e Ventura 1989); (Ruiz-Olmo et al. 1995). Nunca en maiúsculas nin versaletas. Se se cita máis dunha referencia consecutiva farase por orde cronolóxico, nunca alfabético, de autores e separadas por comas, non por punto e coma, por exemplo: Vargas 1988, Gosálbez 1989. Se se mencionan varios artigos dun mesmo autor e do mesmo ano, empregaranse letras minúsculas para diferencialos (Palacios 1992a, 1992b).
Artigo divulgativo: deberá presentar unha estrutura organizada.
  • O título de cada apartado deberá ir en minúscula e "negrita", cunha separación antes e despois de párrafo de 12 ptos.
  • Os títulos de segundo nivel, dentro de cada apartado, deberán ir en minúscula e "negrita", cunha separación antes de párrafo de 12 ptos e de 0 ptos despois de párrafo. No caso de que o subtítulo vaia precedido dun título levará unha separación de 0 ptos antes de párrafo.
  • Os títulos de terceiro nivel deberán ir en minúscula e subliñados, cunha separación antes de párrafo de 12 ptos e de 0 ptos despois de párrafo. No caso de que o título de terceiro nivel vaia precedido dun título de segundo nivel levará unha separación de 0 ptos antes de párrafo.
  • En canto á cita de especies, de referencias e á puntuación decimal seguiranse as normas dos artigos científicos.
  1. Referencias: no caso dos artigos científicos, incluirá unicamente aquelas citas que aparezan no texto. No caso dos artigos de divulgación, incluiranse as principais obras consultadas, aínda que non se citen no texto. Ordenarase alfabeticamente segundo os autores e se organizará do seguinte modo, en función do tipo de publicación:
  • Artigos de revistas: García-Perea, R. e J. Gisbert (1997). Lista patrón de los mamíferos de la Península Ibérica, Islas Baleares y Canarias. Galemys, 9 (NE): 1-38. Os títulos das revistas abreviaranse de acordo coa World List of Scientific Periodicals. En caso de dúbida é aconsellable mencionar o título completo.
  • Capítulos de libros: Virgós, E. (1996). Ecología espacial de carnívoros: revisión de hipótesis. Pp. 183-190. En: R. García-Perea, R. Baquero, R. Fernández-Salvador e J. Gisbert (eds). Carnívoros. Evolución, Ecología y Conservación. MNCN e SECEM, Madrid.
  • Libros: Ruiz-Olmo, J. e Delibes, M. (1998). La nutria en España ante el horizonte del año 2000. SECEM, Málaga. 300 pp.
  • Enlaces internet: Murciélagos que viven en España. Género Myotis [en liña]. Páginas Web de la Espeleología en la Universidad de Cádiz. Dispoñible en internet: [Consulta: 1 decembro 2007]
    Quetglas, J. Murciélago Ratonero Gris - Myotis nattereri / Myotis escalerai. Enciclopedia Virtual de los Vertebrados Españoles [en liña]. 2004. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. Data de revisións: 27-03-2007 [ref. de 1 decembro 2007]. Dispoñible en internet.
  • Lexislación: Galicia. Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas. Diario Oficial de Galicia, 9 de maio de 2007, nº 89, pp. 7.409-7.423.
  1. Táboas: Cada táboa irá nunha páxina diferente. Irán acompañadas dun encabezamento. As táboas irán en formato de táboa de documento doc, con bordes sinxelos. O formato será de espazado ente liñas de 1, sen sangrías e 0 ptos de separación entre párrafos. O texto irá en minúsculas e cun estilo de fonte normal, salvo o nome científico das especies que irá en cursiva. A puntuación decimal expresarase mediante comas. Cada unha das táboas irá referenciada no texto do artigo e estará identificada polo texto "Táboa" seguido dun número.
  2. Figuras: Cada figura irá nunha páxina diferente e deberán ir en formato wmf, tiff ou jpeg. Nunha páxina aparte incluiranse as lendas de todas as figuras. Cada unha das figuras irá referenciada no texto do artigo e estará identificada polo texto "Figura" seguido dun número.  Deberanse adxuntar os arquivos orixinais das figuras.

Tamén podes descargar as normas de publicación aquí.

Información de contacto

Contáctanos. Emprega o formulario para unha resposta rápida
  • MÓVIL: 651 854 728 / 656 532 582
  • MAIL: grupogeas@grupogeas.org

facebook.png Twitter.png

Formulario de contacto

Todos os campos son requiridos

Novas

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos