As nosas actividades

Dentro das nosas actividades se engloban multitude de facetas que abarcan cursos de formación, actividades de educación ambiental, así coma proxectos de investigación de carácter científico. A continuación podes votar un vistazo ás actividades realizadas nos últimos anos, así como aso proxectos que actualmente estamos a levar a cabo:

  • Xornadas, Cursos, Charlas, ...
  • Educación Ambiental
  • Proxectos de carácter Científico

Xornadas, Cursos, Charlas...

Unha das principais actividades que durante estes anos estivemos a realizar foron unha serie de cursos destinados tanto a xóvenes estudantes como para biólogos, naturalistas, e calquera outra persoa interesada nos diferentes temas tratados.
A continuación presentamos os cursos realizados. Se queredes descargar os resúmenes dos cursos podedes facelo na zona de descargas.
  • I Curso de Mamíferos Carnívoros: bioloxía, ecoloxía e conservación. Grupo Mamíferos Terrestres. 30 de abril e 1, 2, 7, 8 e 9 de maio de 2004.
  • Bioloxía e Conservación de Anfibios e Réptiles Ibéricos. Grupo de Anfibios e Réptiles. 3, 4, 5 e 6 de Marzo de 2005.
  • Curso de Iniciación á Ornitoloxía. Grupo de Aves. 18, 19 e 20 de Marzo de 2005.
  • Curso de técnicas de mostraxe. 10, 11 e 12 de marzo de 2006
  • II Curso de Mamíferos Carnívoros: bioloxía, ecoloxía e conservación. Grupo Mamíferos Terrestres. 28, 29 e 30 de abril de 2006.
  • Taller de diseño de investigaciones ecológicas. 30 e 31 de outubro e 2 e 3 de novembro de 2006.
  • II Curso de Bioloxía e conservación de anfibios e réptiles Ibéricos. 29, 30 e 31 de marzo e 1 de abril de 2007.
  • Curso de aves rapaces: bioloxía e conservación. 27, 28 e 29 de marzo de 2009
  • subir

Educación Ambiental

  • Colaboración co Grupo Naturalista Teixugo, da Pobra do Caramiñal, na organización de actividades relacionadas ca celebración do "Día Internacional das Aves". Ano 2003.
  • Colaboracións Semanais no programa "Caderno de Campo" de Radio Voz Barbanza. Ano 2004.
  • Roteiro polas Lagoas de Xuño e San Pedro de Muro, cos alumnos de 6º de primaria do Colexío Público de Xuño, no concello de Porto do Son. Con motivo da celebración do "Día Mundial do Medio Ambiente". Ano 2005.
  • Exposición fotográfica "Un mar de vida" no concello de Porto do Son. Con motivo da celebración do "Día Mundial do Medio Ambiente". Ano 2005.
  • Colaboración có Centro Xuvenil Don Bosco no campamento urbano de Santiago de Compostela. Ano 2005.
  • Celebración do "Día Internacional das Aves", no Concello de Ames. Ano 2005.
  • Exposición "As plantas e os seus usos medicinais". Exposta na facultade de Bioloxía da USC e na Residencia Universitaria Monte da Condesa. Ano 2006 - 2007.
  • Exposición fotográfica "Aves de norte a sur" no concello de Porto do Son. Con motivo da celebración do "Día Mundial das Aves". Ano 2007.
  • Colaboración na xornada de estudio "O río Miño: un valor a conservar" organizada polo Excelentísimo Concello de Tui. Elaboración de paneis e presentación da comunicación oral "A biodiversidade do río Miño". Ano 2007.

Proxectos de Carácter Científico

Proxectos antigos (finalizados ou en fase de análise)
  • Ecoloxía do porcoteixo (Meles meles) en ecosistemas temperados do noroeste da Península Ibérica.
  • Estudo de mortaldade de vertebrados en carreteras.
  • Estudo sobre a variación estacional da dieta de algaria (Genetta genetta) no Noroeste peninsular.
  • Anuario dos anfibios e réptiles de Galicia.
  • Distribución e selección de hábitat dos réptiles eumediterráneos en Galicia.
  • Estudo das poboacións de pintafontes do río Sarela.
  • Rede de Seguimento de Anfibios e Réptiles de Galicia  - SARGA.
  • Estudo de alimentación da curuxa (Tyto alba) mediante análise de egagrópilas en dúas localidades de Galicia.
  • Programa de control e monitoreo nas lonxas de escualos e dos seus parásitos.
Proxectos novos (en funcionamento ou a piques de poñelos en marcha)

Información de contacto

Contáctanos. Emprega o formulario para unha resposta rápida
  • MÓVIL: 651 854 728 / 656 532 582
  • MAIL: grupogeas@grupogeas.org

facebook.png Twitter.png

Formulario de contacto

Todos os campos son requiridos

Novas

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos